Opera 10 estrea versión de proba

mércores, 3 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O Opera 10 achégase ao grande público a través dunha nova versión de proba que podemos descargar e instalar para comprobar en primeira persoa as súas melloras, que van dende a implementación do motor Presto 2.2, o soporte de transparencias, o soporte total do test Acid 3, tecnoloxía Opera Turbo (que optimiza e comprime as páxinas para a súa carga máis rápida), avance na incorporación de HTML5, nova interface de usuarios, opcións de personalización para o Speed Dial (colección de páxinas favoritas representadas como atallos gráficos cada vez que abrimos unha nova pestana), corrector ortográfico, miniaturas das páxinas web a través das súas pestanas e outros detalles.

PUBLICIDADE