Oleiros organiza un novo curso de informática básica para maiores esta primavera

xoves, 18 de marzo do 2021 Redacción

O Concello de Oleiros informou de que o luns 22 de marzo abre o prazo de inscrición para un curso de informática básica de 40 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no termo municipal. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de Alfabetización Dixital organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Aprenderase a manexar un ordenador mediante o coñecemento dos seus compoñentes, utilidades, manexo do Office, familiarización con Windows...
As inscricións serán a través da web municipal, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 22 de marzo e rematará ás 20:00 horas do 5 de abril. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.

PUBLICIDADE