Oleiros organiza en setembro novos cursos sobre manexo de móbiles para maiores
martes, 6 de setembro do 2022
O
Concello de Oleiros informou do desenvolvemento nesta recta final do
verán de novas actividades formativas para combater a fenda dixital
que separa a unha parte da poboación sénior das vantaxes das novas
tecnoloxÃas da información. En concreto, a partir de setembro
impartiranse
novos cursos de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos
na Casa Echeverry, no local social da Lagoa de Mera e nas casas do
pobo de Dorneda, Nós, Dexo e Lorbé.
As
persoas interesadas en participar poderán apuntarse entre o 5 e o 9
de setembro chamando ao 981610000, en horario de 16:00 a 18:00h.