Office 365 contará cunha edición persoal a prezo reducido

xoves, 13 de marzo do 2014 Marcus Fernández

A última renovación do paquete ofimático de Microsoft destacaba por procurar que os usuarios deixasen de adquirir o software como produto, para contratalo como servizo, de xeito que, aparte de Office 2013 tamén temos dispoñible Office 365, que pode subscribirse en distintos plans que van flexibilizarse segundo o que vén de anunciar Microsoft: o lanzamento de Office 365 Personal.
Este novo plan para Office 365 está destinado a usuarios particulares e botará a andar na primavera a un prezo de 6,99 dólares/mes ou 69,99 dólares/ano, permitindo que o usuario final poida instalar o software nun PC, Mac ou tablet, enriquecendo o servizo coas solucións de Office na nube (enriquecidas con 60 minutos/mes de chamadas de Skype e 20 Gb adicionais de capacidade en OneDrive) e permitindo que poidamos facer uso das aplicacións móbiles actuais de Office para iOS e Android (que só están dispoñibles para subscritores de Office 365 nestas plataformas, mentres que en Windows Phone non precisan de tal requisito).
Esta nova posibilidade facilitará ter sempre a última versión do software de Office a un prezo asumible.

O Office 365 Personal poderá instalarse nun ordenador ou tablet

PUBLICIDADE