Ocean´s achega smartphones a cero euros para quen contrate Ocean´s Más

martes, 1 de xullo do 2014 Fernando Sarasketa

A compañía galega Ocean´s anunciou esta semana unha nova oferta no seu catálogo que consiste, basicamente, en achegarnos a posibilidade de termos un smartphone a un prezo de cero euros. A idea é facilitar que os usuarios dos seus servizos, presentes e futuros, teñan entre mans o teléfono máis axeitado para tirar partido da miña móbil do produto de converxencia Ocean´s (produto que fornece liña fixa, ADSL de até 10 Mbps e liña móbil). En total, son catro os dispositivos que poden adquirirse arestora a custo cero: os versátiles Nokia 108 e Nokia 208, o práctico LG L3 II Optimus e máis o afamado Samsung Galaxy Young.
O funcionamento da oferta é, en palabras dos responsábeis da firma galega, “moi sinxela”. O primeiro que temos que facer é contratar algunha das dúas versións de Ocean´s Más, Básica ou Completa, e logo poderemos conseguir calquera destes terminais sen ter que abonar nada máis por eles. Por outra banda, tamén podemos obtelos de balde con calquera das liñas móbiles adicionais de Ocean´s Más: Más 6, Más 9, Más 15 e Más 25.

PUBLICIDADE