Ocean´s achega este mes de setembro unha liña móbil de balde

martes, 9 de setembro do 2014 Redacción

A operadora galega Ocean´s arrancou este mes de setembro con novas ofertas para quen queira sacarlle o máximo partido á telefonía á volta do verán e un prezo interesante. Máis polo miúdo, trátase da posibilidade de levarmos unha liña móbil de balde, optemos por unha tarifa móbil para particulares, por un produto de converxencia para cliente residencial ou por unha das tarifas móbiles para empresa. A posibilidade tamén se achega a quen se decante por unha das modalidades de Ocean´s Engloba. Do que se trata, en definitiva, é de que se contratamos calquera destas opción, levaremos unha liña móbil cen por cen de balde durante un ano, informa a compañía galega.
Como é lóxico, na oferta inclúense as novas tarifas móbiles para particulares Terra 15, 25 e 35 e as tarifas para empresa Xpyme 15, 25 e 35. A promoción tamén abrangue os produtos de converxencia de fixo, móbil e ADSL para particulares, Ocean´s Máis, e para empresas, Ocean´s Engloba. A oferta é válida até o 30 de setembro.

PUBLICIDADE