Obama xuntouse cos líderes tecnolóxicos dos EE.UU.

venres, 18 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A noite entre o xoves e o venres o presidente dos EE.UU., Barack H. Obama, celebrou un encontro con 12 líderes de compañías tecnolóxicas para estudar as canles a través das que mellorar a innovación e crear emprego no sector privado.
A cea tivo lugar en Woodside (California), e aínda que foi un actor privado, a Casa Branca difundiu un par de imaxes tomadas por Pete Souza nas que podemos ver un brinde dos asistentes e a Obama conversando co fundador de Facebook, Mark Zuckerberg. Tamén acudiron á xuntanza persoeiros coma Carol Bartz (Yahoo!), Dick Costolo (Twitter), Larry Ellison (Oracle), Reed Hastings (NetFlix), Eric Schmidth (Google) e mesmo Steve Jobs (Apple), o que pon en dúbida os rumores sobre o seu mal estado de saúde (o National Enquirer chegou a publicar que só lle quedan 6 semanas de vida).

Obama falando con Mark Zuckerberg

Dende a Casa Branca describen o evento oficalmente coma «parte do noso diálogo coa comunidade empresariais sobre como podemos traballar xuntos para labrar un futuro, fortalecer a nosa economía, apoiar ao emprendemento, incrementar as nosas exportacións e conseguir que os norteamericanos recuperen o traballo. O presidente e os líderes empresariais discutirán o noso obxectivo conxunto de promover a innovación norteamericana e discutir o seu compromiso de novos investimentos na investigación e o desenvolvemento, na educación e nas enerxías limpas».

PUBLICIDADE