O zapatazo a Bush inspira moitas parodias na web

martes, 16 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Bush emulando a Neo en Matrix</Em>

Mountazer al Zaidi, o reporteiro chií que lanzou os seus zapatos ao presidente dos EE.UU., George W. Bush, non só se converteu en todo un heroe para o pobo iraquí, senón que tamén serviu de fonte de inspiración para múltiples parodias na Rede, xerando aínda máis material que o «¿por qué no te callas?» de Chávez a Juan Carlos I.

Bush evitando unha onda vital do propio Son Goku

O intento de agresión o presidente norteamericano deu lugar a múltiples imaxes animadas e incluso a vídeos (dende remesturas musicais e versións en cámara lenta ata parodias de películas claramente recoñecibles), dos que xa se publican recompilacións:

PUBLICIDADE