O xoves terá lugar unha sesión informativa sobre as axudas TIC 2010

luns, 19 de abril do 2010 Marcus Fernández

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, para presentar o seu programa de axudas para a Empresa Dixital e para o sector TIC, convoca unha sesión informativa aberta a empresas, asociacións e todos os posibles solicitantes para o vindeiro 22 de abril ás 9:30 horas no salón de actos nº 1 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.
O programa da sesión será o seguinte:
09:30 – 10:00 Benvida da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
A continuación proseguirá a sesión o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, como responsable da unidade xestora das axudas nesta área.
10:00 – 10:30 Convocatorias de axudas para a EMPRESA DIXITAL (PR519A) e para o SECTOR TIC (PR520A);
10:30 – 11:30 Información das próximas convocatorias para o sector de contidos dixitais e para as entidades sen ánimo de lucro; A continuación atenderanse todas as consultas expostas.
Recoméndase que os interesados accedan aos borradores das convocatorias con anterioridade e presenten as súas consultas con antelación por correo electrónico.

PUBLICIDADE