O xogo en liña abrangue xa un terzo do mercado de Internet en España
venres, 5 de abril do 2013
Segundo
datos recentes, España xa representa o terceiro mercado europeo do
xogo en liña e en 2013 seguirá mantendo esta posición no ranking
europeo,
pero subirá a súa posición a nivel global, acadando o 8,6% do
mercado mundial. De feito, o sector dos xogos online
en
España é cada vez máis forte e nada indica que as cousas vaian
cambiar nos vindeiros meses. Segundo un recente estudo levado a cabo
por NetBet.es en colaboración
con LivePartners, empresa que promove en todo o mundo marcas da
industria do xogo por Internet, o xogo en liña é lÃder co 31,9% do
mercado de Internet en España.
Polo
que respecta aos medios de comunicación, as ditas empresas salientan
en gran medida o continuo subministro, mes tras mes, de múltiples
novas sobre a evolución do sector destas actividades de lecer en
liña, dando asà testemuño do medre dunha industria que, por moi
diversos motivos (entre os que non se descarta a situación económica
crÃtica xeral
e a arela de superala, persoalmente, a través deste tipo de xogos),
segue a amosar unha gráfica ascendente, cunha previsión para 2013
dun 155% de crecemento, alcanzando un volume total de cantidades
xogadas de 6.000 millóns de euros.