O vídeo dun flashmob de estudantes do campus de Pontevedra acada 1.400 reproducións nun día
venres, 12 de abril do 2013
O
campus de Pontevedra (Universidade de Vigo) acolleu recentemente unha
desas actividades a cabalo entre dous mundos: feitas na vida real
para logo ter rexistro de seu, seguimento e repercusión na Rede.
Falamos do flashmob convocado
polos estudantes do segundo curso do Grao de Ciencias de Educación e
do Deporte co obxectivo de chamar a atención de compañeiros,
veciños e internautas. E tanto que foi así: o vídeo resultante
desta actividade, que foi gravado antes de Semana Santa, púxose
esta semana en YouTube onde acadou a cifra de máis de 1.400
reproducións nunha única xornada.
Lembrar
que un flashmob é
unha xuntanza xeralmente multitudinaria, xerada vía móbiles ou
redes sociais para facer ou crear algo rechamante e, sobre todo,
temporal. Na actividade en cuestión participaron 115 alumnos e
alumnas da materia de Expresión Corporal e Danza. A súa duración
foi de 15 minutos, tempo no que a facultade encheuse de xente “para
a sorpresa de todos os presentes de música e diversión”,
informa a Universidade de Vigo, que tamén avanza vindeiras
actividades. De feito, amais do flashmob, o grupo de
estudantes proxecta xa a posta en marcha dun lipdub, un vídeo
musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus
labios e xestos cunha canción popular.
Vídeo da flashmob pontevedresa