O último número da nosa edición impresa dedica especial atención a Xuventude Galiza Net

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

Ante a celebración do encontro Xuventude Galiza Net en Santiago de Compostela reforzamos a distribución do último número da nosa edición impresa, dispoñible de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao encontro Xuventude Galiza Net 2009, que nesta nova edición incrementa especialmente o seu número de asistentes e serve para acoller toda unha serie de iniciativas que atopan en Compostela un punto en común.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:


- Visitamos a sede de I+D de Blusens en Compostela
- Os computadores cada vez están máis presentes nos fogares galegos
- INEO presenta os seus obxectivos para 2009
- Completan a tradución da suite Mozilla ao galego
- Increméntase o número de alumnos da USC que usa as redes para os estudos
- O Goberno dota de 1.500 millóns de euros ás accións programadas no Plan Avanza 2009
- A telefonía móbil revélase como a grande revolución comunicacional do futuro
- O SERGAS pon en marcha unha ferramenta para converter a voz contidos web
- A EGAP desenvolve un xogo para informar sobre as boas prácticas na nova Lei de Contratos da Xunta
- O Valedor do Pobo advirte dos perigos da Internet para os máis pequenos
- Percorrido pola historia do virtual do noso Parlamento
- Facebook consolídase como unha das ferramentas máis usadas polos galegos
- Escolma das últimas novidades en videoxogos

PUBLICIDADE