O sucesor de Windows Vista para 2010 será Windows 7

luns, 23 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Microsoft ten xa a vista posta no que será o relevo de Windows Vista no ano 2010, e este proxecto que se viña chamando Windows Vienna recibirá agora o nome de Windows 7, que contará con versións para empresas e particulares, así como para 32 e 64 bits.
Este anuncio se fai incluso antes da chegada de Windows Server 2008 ou o Windows Vista SP1 (que podería saír a finais de ano), e coincide co anuncio de que o sucesor de Office 2007 se chamara Office 14.
A fiestra de 3 anos para o desenvolvemento da seguinte xeración de sistemas operativos de Microsoft non indicará a data de lanzamento final, pois a compañía de Redmond determinará plan de lanzamento de Windows 7 segundo a calidade e madurez do produto, de xeito que prefiren non comprometerse a dar unha data concretar en pro dun sistema operativo robusto e fiable.

PUBLICIDADE