O servizo Amazon Premium reduce o seu prazo de entrega a só 1 día

martes, 21 de abril do 2015 Marcus Fernández

Un dos grandes catalizadores do comercio electrónico en España foi sen dúbida a tenda de Amazon, en boa medida pola súa oferta de Amazon Premium, que por 14,95 euros/anos permitía recibir os produtos xestionados directamente por Amazon en 48/72 horas, e que agora está a renovarse dun xeito moi rechamante xa que á suba de prezo a 19,95 euros/ano (que aos clientes usuarios non se aplicará até o ano que vén) engádeselle unha substancial mellora do servizo: o prazo de entrega baixa até as 24 horas para máis dun millón de produtos comercializados a través de Amazon Premium.
Temos así que os usuarios que paguen 19,95 euros/ano terán un servizo de transporte urxente valorado en 5,99 euros, do que poderán facer uso ilimitado, de xeito que con máis de 3 pedidos ao ano xa se amortizaría a cota anual, o que tamén supón un importante incentivo para empregar Amazon como provedor habitual de numerosos produtos.

PUBLICIDADE