O proxecto Spin Up apoiou a creación de medio centenar de empresas innovadoras do aḿbito galego-portugués

luns, 18 de xullo do 2022 S. P.

Medio centenar de ideas empresarias galegas e portuguesas do ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a alimentación, a industria creativa, o turismo e a saúde participaron no proxecto europeo Spin UP de creación de empresas a partir da transferencia de tecnoloxía e coñecemento. Estiveron apoiadas por Uninova, que liderou a iniciativa cos outros socios, unha fronte de traballo común galego-portuguesa formada polo IGAPE, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Cámara de Comercio de Santiago, a Universidade do Porto e a Associação Nacional de Jovens Empresários. Arredor de dúas ducias dos ditos proxectos, 22 en total, xa foron constituídos como empresas a finais de xuño. O resto están en proceso de facelo.
Este proxecto está enmarcado no Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 no eixo prioritario 2 de Crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial.
O obxectivo principal de Spin UP foi a creación de empresas a partir da transferencia de tecnoloxía e coñecemento no espazo de cooperación, mediante o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento. Permitiu tamén a creación dunha base de datos con patentes e resultados de investigaO proxecto Spin Up apoiou a creación de medio centenar de empresas innovadoras do aḿbito galego-portugués
Medio centenar de ideas empresarias galegas e portuguesas do ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a alimentación, a industria creativa, o turismo e a saúde participaron no proxecto europeo Spin UP de creación de empresas a partir da transferencia de tecnoloxía e coñecemención (publicados na web deste proxecto europeo) e posibilitou a maiores a posta en marca dunha rede de empresas e mentores entre Galicia e o Norte de Portugal.
Dende o equipo de entidades impulsoras destacan que o Polo Biotecnolóxico de Galicia (Sionlla BioTech) fará posíbel seguir adiante cos logros do proxecto europeo Spin UP. Neste senso, a Asociación Área Empresarial do Tambre salienta “que Spin UP foi unha ferramenta moi útil e complementaria para o Biopolo”, que será unha realidade en xaneiro de 2023, constituíndose como “un espazo no que as empresas poidan consolidar a súa proxección e atopar os servizos necesarios para crear unha mancomunidade e, desde aí, facer empresa para o resto do mundo”.
No marco do proxecto Spin-UP a Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) editou unha guía informativa na que se recollen o medio cento de ideas empresariais que forman parte do proxecto europeo. A guía, dispoñíbel en papel e en dixital e en dous idiomas –castelán e portugués–, detalla a actividade de cada empresa ou proxecto empresarial, o nome do seu promotor, a súa imaxe corporativa e o contacto, e nalgúns casos mesmo se inclúe unha entrevista coa persoa responsábel do proxecto.

PUBLICIDADE