O proxecto Faite Dixit@al! explorará o fenómeno das aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía

xoves, 20 de novembro do 2014 Redacción

Eva Elorrieta, deseñadora de Pictoson

O cuarto Faladoiro Dixital do proxecto Faite Dixit@al! organizado pola AMTEGA en colaboración con Fundetec, abordará as chaves do éxito das aplicacións móbiles e os seus beneficios para a cidadanía o vindeiro martes de 18:30 a 20:30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre até completar o aforamento, podendo realizarse a súa inscrición en liña.

Avelino Correa e Antonio Escudero son os responsables de CreAPPcuentos

Esta xornada titulada As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía está composta por unha serie de relatorios de expertos que compartirán a súa experiencia e a súa visión sobre o futuro das apps. Estes profesionais son os seguintes:
- Eva Elorrieta, co deseñadora de Pictoson, unha aplicación que asocia Pictogramas con audios e grafías on e offline, en 22 idiomas con fins alfabetizadores, que foi premiada por http://www.appstoempower.org/.
- Avelino Correa e Antonio Escudero, fundadores de CreAPPcuentos, empresa que desenvolve apps para a contorna infantil e educativa. O seu primeiro proxecto chámase CreAPPcuentos, unha App para tabletas que permite crear contos únicos e diferentes en moi poucos pasos e en calquera idioma co obxectivo principal de fomentar a creatividade, a imaxinación, a aprendizaxe de idiomas e a interacción entre nenos e pais ou titores.
- Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida para os seus clientes e para os seus propios proxectos. Na actualidade desenvolveron internamente Likethis e Garagapp, esta última acelerada por Galicia Openfuture/Telefónica, que permite controlar as portas de garaxe desde o móbil.
- Manuel González, membro fundador da Asociación Galega de Artesáns e presidente da asociación profesional de ámbito estatal: Oficio e arte, Organización dos Artesáns de España, que agrupa a 30 asociacións de ámbito autonómico, local, rexional ou sectorial.
Dirixe e coordina o desenvolvemento da APP www.talleresabiertos.com, un localizador xeográfico de proximidade para talleres artesanais e puntos de interese abertos ao público.
- Fran Gago, CEO en Gamifik Lab, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións móbiles para fidelizar aos clientes e fans das súas marcas grazas a unha flexible e potente plataforma de gamification.

PUBLICIDADE