O proxecto EDAR 360 levará a IA aos procesos de depuración de augas
venres, 18 de febreiro do 2022
O conselleiro
de EconomÃa, Francisco Conde, presentou este 18 de febreiro de 2022,
o proxecto EDAR 360, que ten por obxectivo levar as vantaxes da
Intelixencia Artificial aos procesos de depuración de augas
residuais. Conde indicou que se trata de empregar as novas
tecnoloxÃas para controlar a calidade das augas e xestionar os
recursos de forma eficiente.
Neste proxecto, a Xunta colabora con empresas como Viaqua, Ednon e
Syspro Automation, asà como co Instituto Tecnolóxico de Galicia
(ITG) e o Concello de Santiago, o cal xunto con Vigo e Nigrán serán
as localidades onde se desenvolverá o proxecto ata 2023. Este, conta
cun orzamento de máis de 1 millón de euros aos que a Administración
galega achegará máis da metade a través do programa Conecta Hubs.
Esta liña de axudas foi lanzada no 2021 para reforzar proxectos
orientados ás cadeas de valor dos sectores primario, biotecnolóxico
e de saúde. O sentido deste programa é axudar, na súa maiorÃa a
pemes, a que poida avanzar na súa especialización e consolidación
interrexional a nivel europeo.
A dixitalización e a IA supoñen unha oportunidade competitiva de
redución do impacto ambiental importante, e nese sentido, esta
iniciativa busca avaliar a capacidade desta tecnoloxÃa para o
control das plantas de depuración de augas a través de patróns de
comportamento dos usuarios, sistemas e outros compoñentes.