O programa myNET Campus centra un novo webinario da AETG

mércores, 20 de abril do 2022 S. P.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza este mes de abril unha actividade online de interese para o desenvolvemento de novas solucións relacionadas coa comunicación, trátase da conferencia myNET Campus: Software para a creación de proxectos de voz e datos. Será impartida por Rubén Cruells, director comercial da empresa OpenetlCS. Celebrarase lugar o 28 de abril de 2022 ás 11:00 h.
O webinario será presentado por Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG e durante o mesmo, Rubén Cruells presentará o programa myNET Campus, un revolucionario software para o deseño, medicións e orzamentos de proxectos de instalacións de voz e datos que facilita o traballo aos profesionais e aforra tempo nestes labores. Esta ferramenta adáptase ás necesidades dos proxectistas.

PUBLICIDADE