O programa Galegas Dixitais prosegue a súa xira de formación polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo
luns, 7 de agosto do 2023
A
Xunta impulsou esta tempada un proxecto de formación transformadora
e de balde para mulleres desempregadas de municipios con menos de
30.000 habitantes. Trátase de Galegas
Dixitais, iniciativa de capacitación tecnolóxica que pon o foco
nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
O
programa conta co financiamento da Unión Europea NextGenerationEU a
través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Organizado por Beproject
Consultores e Ara
Formación,
ten como obxectivo concreto “mellorar as capacidades dixitais das
participantes”. No
Facebook de Galegas Dixitais podemos consultar o calendario de
actividades. A seguinte xeira será estes meses de agosto e
setembro en Ponteareas.
A actividade comeza o día 17 de agosto e remata o 26 de setembro.
As
mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os
seguintes resultados:
-Aprender
a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu
traballo ou negocio.
-Mellorar
a súa capacidade de empregabilidade.
-Levar
un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar
neste programa é totalmente de balde xa que o programa está
promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos
Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia da Unión Europea.