O programa Banda Ancha abordará este sábado o concepto de Smart Cities

venres, 16 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Carlos F. Amado compartirá coa audiencia da Radio Galega a súa experiencia no mundo da tecnoloxía

O programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar co enxeñeiro Eduardo Díaz Marcelo, director de proxectos de IDOM, que explicaranos o concepto de Smart Cities.
Neste espazo radiofónico convidouse ao presentadora de televisión Carlos F. Amado, que os xoves conduce un espazo sobre Novas Tecnoloxías no programa Bos Días da TVG, a compartir coa audiencia os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como o uso que actualmente fai da tecnoloxía. Completa o programa esta semana Juan Gestal Jimmy do blog PixFans, que faranos lembrar o fenómeno dos cibercafés.

PUBLICIDADE