O profesionais informáticos prefiren a formación en liña á presencial

luns, 21 de marzo do 2011 Redacción

Preferencias sobre o tipo de formación entre os profesionais do sector informático consultados por Krasis

Krasis, a través da súa área de formación campusMVP, publica o segundo estudo sobre Preferencias de Formación en Tecnoloxía en España con resultados concluíntes sobre as principais variables que determinan as tendencias de técnicos informáticos no Estado para actualizar os seus coñecementos.
O devandito estudo, de carácter bienal, foi elaborado a partir das respostas de 678 profesionais informáticos, tanto da área de programación coma de sistemas, que manifestaron, entre outras cuestións, os seus hábitos de formación, o seu grao de satisfacción cos cursos ou as súas necesidades específicas neste ámbito.
A formación en liña, por si soa ou complementada con titorías e clases presenciais, conságrase como a modalidade elixida por practicamente o 100% dos enquisados que se formularían e-learning á hora de buscar a ampliación dos seus coñecementos. O feito de non depender de horarios ou outras restricións é o que máis valoran os profesionais que intentan compaxinar a súa formación co seu traballo.
Dos enquisados que realizaron formación en liña, máis da metade manifesta un elevado grao de satisfacción. No caso dos alumnos de campusMVP de Krasis este grao elévase ata un 86% que a cualifican de moi ou bastante satisfactoria.
En canto ao idioma, pouco máis dun 20% dos técnicos afirma que lle resulta indiferente o estudo en inglés ou español. Os demais, decántanse polo castelán nos contidos principais do curso.
Ademais, preto do 90% dos alumnos prefiren a realización dalgún curso que lle organice o estudo e lle resulte máis doado a obtención dunha certificación oficial que axude a mellorar o seu currículo e incremente o seu valor para as empresas.
Entre os enquisados aumentou o número de autónomos e o de traballadores de pequenas empresas. Descende a cifra de técnicos que optan por unha formación presencial, mentres que se incrementa a de profesionais, que se actualizan a través de libros e internet. A tendencia é cara a unha modalidade en liña que conte con titorías e con máis material de apoio unha vez concluído o curso. En xeral, a satisfacción cara ao e-learning aumentou dende 2009. O español coróase como idioma preferido e as certificacións oficiais dos fabricantes seguen sendo moi valoradas polos técnicos, polo que apostan por continuar examinándose para obtelas.


Presentación do estudo elaborado por Krasis

PUBLICIDADE