O portal de Arquivos Españois triplica nun mes o número de visitas presenciais

xoves, 14 de xuño do 2007 Raquel Noya

A web do Ministerio de Cultura, PARES, un sitio que, dende hai un mes, pon a disposición dos internautas ata 20 millóns de documentos provintes dos principais arquivos españois, e do que xa demos conta con motivo da súa creación, vén de acadar xa as 58.000 visitas, unha cifra que triplica o número de presenzas físicas que reciben cada ano os arquivos nacionais.
Esta ferramenta, que permanece aberta a calquera usuario as 24 horas do día, pon a disposición dos cidadáns, segundo as verbas da ministra de cultura, Carmen Calvo, “verdadeiros tesouros do patrimonio español como son os nosos arquivos” e poden acceder a eles calquera internauta que o desexe, ben sexa español ou estranxeiro.
O departamento responsable desta iniciativa, que a ministra cualificou de “exemplar”, recibiu o recoñecemento e as felicitacións de diferentes ministerios e universidades de todo o mundo dende o día da súa creación.

PUBLICIDADE