O plan individual de Google Workspace chega a España

xoves, 18 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Para os negocios emprendidos por unha única persoa dende Google lanzaron hai máis dun ano Google Workspace Individual, servizo que finalmente chega agora a Francia, Italia, Alemaña, Reino Unido, Suíza e España, para axudar aos profesionais a optimizar o tempo que empregan en tarifas como programar citas e enviar correos electrónicos.
Entre as últimas funcións coas que conta Google Workspace estarían retransmitir por YouTube xuntanzas de Google Meet (chegando a unha maior audiencia), contar con ferramentas de e-mail marketing (facilita o envío de boletíns e anuncios), mellora a xestión de citas e tamén conta con melloras nas videoconferencias a través de Google Meet (con fondos inmersivos, mellor son e iluminación, e a posibilidade de integrar as xuntanzas coas ferramentas ofimáticas de Google).
Google Workspace Individual chega cun prezo de 8,99 euros/mes, podendo probarse de balde durante 14 días.

PUBLICIDADE