O plan de subscrición de Cinesa chega a Galicia

mércores, 19 de abril do 2023 Marcus Fernández

Hai un mes a cadea de salas Cinesa anunciou un programa de subscrición que permite o acceso a todas as películas en exhibición sen límite de pases, que tería que botar a andar a primeiros de abril, pero que decepcionou aos galegos por non chegar inicialmente ás salas galegas, xa que a súa implantación na rede de cines está a ser progresiva, pero finalmente a espera rematou, e xa é posible gozar da Unlimited Card nas salas de Cinesa en Santiago de Compostela e A Coruña.
Esta nova oferta pode contratarse por 15,90 euros/mes ou por 149 euros/ano, o que supón unha interesante alternativa ás plataformas de streaming, buscando así revitalizar a afluencia ás salas cinematográficas, que aínda está moi lonxe de recuperar o público que tiñan antes da pandemia.
Queda por ver se este plan de subscrición remata tendo o seu reflexo noutras cadeas de salas de cine como Yelmo (que actualmente limite as súas promocións a ofertar entradas a 4,40 euros de luns a xoves e a 5,40 euros de venres a domingo para os que se dean de alta en MovieYelmo), mentres que as salas independentes xa manifestaron a súa incapacidade para competir con promocións tan agresivas, que farían inviable o seu negocio.

PUBLICIDADE