O parque natural do Xurés estrea guÃa para o móbil
venres, 3 de abril do 2009
O parque natural Baixa
Limia-Serra do Xurés puxo en marcha unha nova páxina web na que achegan
ferramentas, ligazóns e posibilidade de acceso a información que vai dende a
descrición das rutas a descargas multimedia sobre actividades do parque,
resultando especialmente rechamante a posibilidade
de descargar unha guÃa do parque natural en Java para o teléfono móbil (instalable
dende un navegador wap visitando parquenaturaldoxures.com/wap).
Os cativos tamén poden acceder á páxina
web ImaxÃnate O Xurés, para poder informarse dun xeito divertido e
instrutivo sobre o parque natural e a súa historia e contorno. Este espazo
infantil inclúe numerosos xogos (un trivial sobre o parque natural, quebracabezas,
xogo de parellas e simulador de separación do lixo) que poden amenizar a súa
visita.
- O parque natural do Xurés tamén conta cunha web para os cativos