O novo Google Maps Mobile permite a xeolocalización sen GPS

xoves, 29 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Google estreou unha nova versión móbil do seu servizo de mapas que inclúe como principal novidade a función Mi ubicación que permite amosar a nosa posición no mapa sen precisar de GPS un marxe de erro aproximado de 1.000 metros, xa que a localización se determina en base ó contraste das antenas de telefonía máis próximas (de xeito que tampouco funciona en calquera condición).
Se o terminal que executa Google Maps Mobile ten GPS a nosa posición se verá no mapa mediante un punto azul, que aparecerá rodeado por unha aureola azul se non se conta con tal tecnoloxía (o que indicaría que o resultado non é tan exacto).
A nova versión desta aplicación está dispoñible para a meirande parte de móbiles do mercado, pois funciona en Java, Blackberry, Windows Mobile e Symbian.

PUBLICIDADE