O navegador móbil de Opera incorpora o soporte de Google Gears

luns, 23 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os laboratorios de Opera anunciaron que a versión de proba do seu navegador Opera Mobile 9.5 soporta Gears, a tecnoloxía de Google actualmente dispoñible para Firefox, Internet Explorer, Safari e Android que permite acceder aos servizos en liña de Google en momentos nos que non gocemos de conexión á Rede (para sincronizar os cambios unha vez que retomemos a conexión).
A instalación de Gears en Opera Mobile 9.5 é tan doada como facer clic no botón de instalación na súa web, e resultará moi interesante para os usuarios de móbiles con Wi-Fi que non conten cunha tarifa plana de acceso á Internet por 3G.

PUBLICIDADE