O navegador GPS de balde de Nokia descargouse 1,4 millóns de veces na súa primeira semana

mércores, 3 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A resposta de Nokia a Google Navigation parece estar a ter moi boa acollida e anuncian que na primeira semana na que Ovi Maps puido descargarse de balde para varios modelos de móbiles da compañía finlandesa para gozar de navegación GPS sumou 1,4 millóns de descargas, superando amplamente as previsións da compañía, sendo os países con máis descargas China, Italia, Reino Unido, Alemaña e España.
Ata o momento Nokia ofrecía tal servizo mediante subscrición, pero agora buscará rendibilizalo ao construír unha inmensa base de usuarios aos que ofrecer novas prestacións de localización, contidos e servizos, agardando que os desenvolvedores de aplicacións para móbiles de Nokia tamén tiren proveito deste novo mercado, imitando así o que fixeron con Ovi Maps Racing, un xogo de carreiras de coches que aproveita os mapas do móbil coma escenarios para as competicións, que finalmente está dispoñible na Ovi Store, así coma tamén é un dos candidatos aos IMG Awards que entregaranse no Mobile World Congress de Barcelona na categoría de xogos.
O terminal para o que rexistráronse máis descargas foi o Nokia 5.800 XpressMusic, seguido polo Nokia N97 mini, o Nokia N97, o Nokia 5230 e o Nokia E 72.

PUBLICIDADE