O late night de Conan O’Brien gravarase cun smartphone
luns, 23 de marzo do 2020
Os medios de
comunicación están a xogar un rol crucial á hora de concienciar á poboación
sobre o confinamento doméstico para evitar o espallamento do COVID-19, e un dos
que está a ser máis activo ao respecto é Conan O’Brien, que estes dÃas está a compartir
vÃdeos domésticos e a aconsellar aos cidadáns quedar na casa, consello co que
será consecuente, xa que anuncia que o seu popular late night talk show
volverá o vindeiro dÃa 30, adiantándose aos seus competidores (xa que os
programas neste formato cesaron emisións nos EE.UU.) xa que optará por
gravar o programa dende o seu fogar cun iPhone, á vez que realizará as
entrevistas cos seus convidados a través de Skype.
Son moitas as celebridades que están a crear contidos para a Internet, mantendo
asà o contacto coa súa audiencia, pero o feito de que un late night vaia
producirse e gravarse integramente con ferramentas propias do teletraballo en vez
de empregar recursos tradicionais suporá todo un fito para a televisión,
iniciando mecánicas de traballo que poderÃan ter impacto a longo prazo.
VÃdeo no que O’Brien amosa o baleiras que están as rúas por mor da corentena