O impulso da banda larga en Lugo centra unha xuntanza entre Isabel Rodríguez e o xefe provincial de telecomunicacións

martes, 19 de setembro do 2023 S. P.

Este martes 19 de setembro a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibía ao xefe provincial suplente da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo, Javier Rancaño, organismo dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. No dito encontro abordaron o estado dos diferentes proxectos que o Goberno ten en marcha na provincia, como o programa ÚNICO-Banda Larga, con 27,1 millóns de euros en investimentos para achegar Internet de fibra óptica a 80.503 familias e empresas lucenses, entre outros.
A xeito informativo, dicir que Javier Rancaño, lucense de nacemento, é enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Alcalá de Henares. Traballou dous anos no Departamento Tecnolóxico do Museo Nacional de Ciencias Naturais e dende o 2010 é responsábel da Unidade de Inspección de Telecomunicacións de Lugo.

PUBLICIDADE