O iPhone é vulnerable a ataques por SMS

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Collin Mulliner e Charlie Miller serán quen expliquen as vulnerabilidade do iPhone na Black Hat

Os expertos en seguridade informática Charlie Miller e Collin Mulliner atoparon un fallo de seguridade no iPhone que pode explotarse a través de mensaxes de texto, informaron a Apple sobre o mesmo hai 6 semanas, e en vista de que seguen sen solucionar o problema procederán a dar os detalles durante o encontro Black Hat que ten lugar hoxe, o que debería forzar á compañía de Steve Jobs a traballar rápido en parchear o iPhone ante a posibilidade de bloquealo ou remitir ao seu buscador a unha web con malware cunha simple mensaxe SMS.
Mullier comentou a Cnet que cando apareceu un fallo semellante para Android (que só permitía bloquear o terminal, e non tomar control do mesmo) tardaron 1 ou 2 días en arranxalo, polo que a lentitude de Apple non parece moi responsable.
ACTUALIZACIÓN (31-7-2009): Finalmente Apple lanzou unha actualización arranxando a vulnerabilidade detectada.

PUBLICIDADE