O iOS 4.2 achega a multi-tarefa ao iPad

martes, 23 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Esta semana os usuarios de terminais móbiles de Apple poden actualizalos á versión 4.2 do seu sistema operativo, o que principalmente nótase no iPad, xa que deste xeito temos a primeira grande actualización deste produto coa incorporación da desexada multi-tarefa, funcionalidade que vén acompañada con novidades coma o AirPlay (para facer streaming de contidos multimedia dende calquera dispositivo con iOS 4.2), AirPrint (para imprimir documentos dende o teléfono en impresoras compatibles), cartafoles para a organización de aplicacións, bandexa de entrada unificada para o correo electrónico, acceso ao servizo Game Center que facilita o xogo en liña entre usuarios de distintos terminais con iOS e o servizo de localización de terminais con GPS Find My iPhone, popular para localizar o móbil en caso de roubo ou perda, e que desta volta convértese nun servizo de balde, non precisando dunha conta de pagamento de Mobile Me para acceder a tal útil funcionalidade.
Como curiosidade, en distintos foros e páxinas web comentan que Find My iPhone só é de balde para iPhone 4, iPad e o iPod Touch de 4ª xeración, pero pode aplicarse a terminais anteriores sempre que se active para unha conta de usuario dende un dos terminais indicados.


Vídeo no que podemos ver o AirPlay en funcionamento

PUBLICIDADE