O galego Marcos Mata, vicepresidente do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática

luns, 15 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

Tal e como avanzamos dende esta web en repetidas ocasións, os enxeñeiros técnicos galegos en informática levan xa un tempo traballando arreo no camiño de asentar o mellor dos futuros posibles para o organismo que represente á profesión a nivel estatal. Puidémolo ver tanto no que se refire ao regulamento deste organismo, como no que atinxe ao seu pulo definitivo. Pois ben, a plataforma estatal vén de chegar a unha nova realidade coa constitución, celebrada este sábado día 13, da súa faciana definitiva: o Consello Xeral de Colexios de Enxeñería Técnica en Informática.
Segundo informan os profesionais galegos, a asemblea constituínte tivo lugar en Madrid, nunha xuntanza onde se deron cita representantes de tódolos colexios existentes. Entre outras cousas, procedeuse a elixir os membros da Xunta de Goberno, que será a encargada de pór en marcha o novo órgano. A directiva contará co enxeñeiro galego Marcos Mata, presidente do CPETIG, en labores de vicepresidencia.
As eleccións celebradas deron como resultado a seguinte composición de Xunta de Goberno:
Cargo Nome Colexio
Presidenta Dna. B. Cristina Pelayo García-Bustelo CITIPA - Asturias
Vicepresidente 1º D. Marcos Jaime Mata Mansilla CPETIG - Galicia
Secretario 1º D. Oscar L. Castro Pérez CITIPA - Asturias
Secretario 2º D. Antonio Vergara Muñoz CPITIA - Andalucía
Tesoureiro 1º D. Juan Andrés Crespo-Naón Napp COITIC - Canarias
Vogal D. Joan Martin Puntada COETIC - Cataluña
Vogal D. Javier Rubio Alamillo COITICLM – Castela- A Mancha
Vogal D. José Velasco López COITIMUR - Murcia
Vogal D. Gregorio Ambrosio Cestero CPITIA - Andalucía

PUBLICIDADE