O futuro Xornal de Galicia inicia unha campaña promocional na web

martes, 25 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A morte de Calígula se utiliza como exemplo da necesidade dunha información áxil

No verán se anunciou que o Grupo San José ía lanzar unha cabeceira de prensa baixo o título de Xornal de Galicia, que contaría na dirección con José Luís Gómez e María Val. O novo medio terá edición impresa e dixital, pero aínda non se coñece cal será a súa data final de lanzamento, o que non impediu que iniciasen unha campaña promocional para ir preparando o terreo.
Así, baixo o lema «Retraso Cero: Información con criterio al servicio de Galicia» se presenta unha páxina web na que se poden ver uns simpáticos vídeos nos que se ilustra a importancia da información áxil e veraz para que Galicia prospere.
O principal exemplo que poñen é que hai vinte séculos a nova da morte de Calígula chegou setenta anos tarde a Galicia tralo que argumentan que «cando as novas chegan tarde, Galicia chega tarde»:


Tamén se critica a manipulación informativa relativa á revolta dos Irmandiños ou a falta de información sobre Don Pelayo (de quen se dubida de se é galego, asturiano, cántabro, cordobés ou mesmo británico).
Sen dúbida unha curiosa campaña que chamará á reflexión sobre a necesidade dos medios de comunicación en Galicia, que agardemos que se vexa cuberta polo xornal que chegará en breve aos quioscos galegos.

PUBLICIDADE