O futuro Parque Científico e Tecnolóxico de Santiago acollerá as instalacións de Blusens

luns, 18 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O alcalde compostelán presentando o novo plan de desenvolvemento do polígono de Monte Medorra

O futuro Parque Tecnolóxico e Científico de Santiago de Compostela sino no Monte Medorra avanza cara a facerse realidade, e o plan de desenvolvemento deste polígono xa está en exposición pública por prazo dun mes, agardándose que estea aprobado definitivamente a finais de ano, o que suporá unha vantaxe para empresas de novas tecnoloxías coma a compostelá Blusens, que segundo publica El Correo Gallego, ten previsto instalar nestes terreos o seu principal centro de investigacións.
O desenvolvemento do novo polígono veuse demorado debido a que atravesaba varios itinerarios do Camiño de Santiago, e unha vez solucionados os problemas aparecidos (redactando un plan novo) o parque cunha superficie de 487.761 metros cadrados, cun aproveitamento de 219.351 m2, poderá concretarse nunha realidade en breve, atendendo á demanda do solo industrial existente na actualidade.

PUBLICIDADE