O éxito do iPhone leva a Apple a non acusar nos seus resultados económicos a caída na venda de ordenadores

xoves, 23 de abril do 2009 Marcus Fernández

Apple presentou onte os seus resultados financeiros do trimestre fiscal que rematou o 28 de marzo, cuns ingresos de 8.160 millóns de dólares e un beneficio neto de 1.210 millóns (o que suporía uns 1,33 dólares por acción) superando as previsións dos analistas (que agardaban só 1,16 dólares por participación).
Estes resultados marcarían o mellor mes de marzo en ingresos e beneficios da historia de Apple, o que xustifican polo bo funcionamento comercial do iPhone e de Apple TV, que compensan a caída interanual do 3% na venda de ordenadores.
O iPod tamén gozan de boa saúda, cunhas vendas de 11,01 millóns de unidades vendidas durante o trimestre, aínda que os 3,79 millóns de terminais do iPhone son aínda máis importantes para a economía da compañía, pois pese a que xa non son unha novidade, tiveron un experimentaron un crecemento do 123% en unidades vendidas.
A compañía tamén aproveitou a presentación de resultados para insistir en que non teñen pensado entrar no sector dos netbooks e na reincorporación de Steve Jobs ao traballo de cara ao verán.

PUBLICIDADE