O ex director de Público anuncia un novo diario dixital

mércores, 28 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Está a converterse en habitual que de medios tradicionais mortos xurdan novos medios dixitais, ou tal é a impresión cando vemos nacer a eldiario.es e agora co anuncio de que Jesús Maraña, ex director do diario Público, vai pór en marcha un novo xornal dixital chamado infoLibre, que xa conta cun blog dende o que expoñen os seus principios de profesionalidade, independencia, liberdade, honestidade, rigor, calidade e compromiso, á vez que apostarán pola participación do lector e buscará abrazar un espírito internacional (construíndo unha rede de publicacións que poidan coordinar esforzos e compartir recursos).
O novo medio busca sosterse fundamentalmente coas achegas económicas dos seus lectores, aínda que tamén aceptará publicidade a tarifas públicas (sen aceptar subvencións nin acordos que poidan ocultar contrapartidas).

PUBLICIDADE