O estudo para a ampliación do CITIC, aprobado pola Corporación da Coruña
xoves, 8 de xullo do 2021
O
pleno
da Corporación da Coruña aprobou este 8 de xullo o estudo de
detalle para ampliar o edificio do Centro de Investigación en
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) no
Campus de Elviña, promovido pola Universidade da Coruña, UDC.
Segundo fixo saber o Goberno coruñés, a ampliación realizarase no
patio existente entre os dous edificios existentes e estará
destinada a laboratorios e espazos comúns.
O
concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinalou que o estudo
conta cos perceptivos informes sectoriais do ADIF, do Estado e da
Dirección Xeral de Aviación Civil. E engadiu: "A ampliación
serve para mellorar as capacidades do CITIC e as capacidades
investigadoras deste importante centro de referencia en materia de
novas tecnoloxías da Universidade da Coruña”.
Por
outra banda, Concello e Universidade acordaron colaborar na posta en
marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus
universitarios. Así, levaranse a cabo obras de mellora da
accesibilidade na contorna do Espazo de Intervención Cultural da
Universidade (Normal) e, amais, urbanizarase a contorna da Escola
Técnica Superior de Arquitectura e a Facultade de Ciencias co fin de
garantir unha mellor accesibilidade.