O editor de vídeo de balde VSDC está dispoñible en español e portugués

luns, 3 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Ao non estar incluído en Windows 10 a aplicación Windows Movie Maker (aínda que hai rumores do seu retorno), hai algunhas alternativas moi interesantes para os que queiran realizan sinxelas montaxes de vídeo, entre as que nos últimos meses destaca VSDC, que está a aproveitar a ocasión incorporando idiomas á súa interface (en xullo incorporou o español e en setembro o portugués e o xaponés) e, agora que chega á súa versión 5.5 presume dunha ampla variedade de filtros como Instagram que permiten crear vídeos cunha estética atractiva sen ter grandes coñecementos en edición de vídeo.
Este editor de vídeo pode descargarse totalmente de balde, soporta os formatos máis populares de vídeo e tamén pode exportar vídeo en función do dispositivo no que queiramos reproducilo, contando cunha variedade de opcións difíciles de ver nunha ferramenta gratuíta, existindo unha versión Pro que como principal diferencia ten a posibilidade de facer uso da aceleración por hardware na exportación de vídeo, así como algunha pequena mellora adicional que tradúcese nun maior control do resultado final e nunha velocidade maior á hora de traballar.
A edición de pagamento é válida para dous equipos durante un ano e ten un prezo de 19,99 dólares + IVE (21,67 euros).

PUBLICIDADE