O director xeral de Acer dimite tras presentar importantes perdas trimestrais

mércores, 6 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Ao peche do terceiro trimestre fiscal do ano, a empresa taiwanesa Acer rexistrou uns ingresos de 95.150 millóns de dólares de Taiwán e unhas perdas operativas de 2.570 millóns (64,69 millóns de euros), o que consideran que é consecuencia en boa medida da preparación da compañía para o lanzamento de Windows 8.1 e ao pagamento dunha compensación tras un litixio, polo que estariamos ante unha situación puntual que non impediu que o máximo responsable da compañía, J. T. Wang, presentase a súa dimisión, para ser substituído por Jim Wong.
Ábrese agora un proceso de transición que culminará o vindeiro 1 de xaneiro, cando Jim Wong consolidará o carto de director xeral da compañía, á vez que se está a aplicar un plan de reestruturación que busca transformar a compañía para devolvela aos números negros ao adaptarse aos cambios nas condicións do mercado, que nos últimos 2-3 anos forno demasiado grandes, non sendo capaz a compañía de reaccionar a tempo.
Os plans de reestruturación de Acer inclúen unha redución de persoal e poderían afectar negativamente aos resultados financeiros da compañía en 2013, agardando que a partir de 2014 se vexan reflectidos positivamente nos resultados da empresa taiwanesa.

PUBLICIDADE