O debate decisivo bateu record en Twitter

mércores, 9 de decembro do 2015 Marcus Fernández

O espazo televisivo máis seguido este ano foi o debate político organizado por Atresmedia o pasado luns, pero este éxito non foi só na pequena pantalla, senón tamén na que podemos considerar a segunda pantalla por dereito propio, Twitter, plataforma social que baixo o cancelo #7dElDebateDecisivo bateu marca de conversación social en España en 2015, deixando claro o interese polos debates electorais nunha situación tan complexa na que os cidadáns queren contrastar as propostas dos partidos e candidatos.
Ao longo da retransmisión televisiva o debate e da súa posterior análise rexistráronse máis de 2,5 millóns de chíos, conseguindo ser o evento televisado máis chiado en España este ano pese ás ausencias dos candidatos Mariano Rajoy (PP), Alberto Garzón (IU-Unidad Popular) e Andrés Herzog (UPyD), moi criticadas en redes sociais.
O debate saldouse en Twitter con 171.450 mencións a Soraya Sáenz de Santamaría, 152.025 mencións a Pablo Iglesias, 126.112 mencións a Pedro Sánchez Castejón e 103.468 mencións a Albert Rivera.
Unha vez máis Twitter demostrou ser a plataforma máis empregada para trasladar a conversa dos contidos televisivos, o que nótase especialmente en temas políticos, xa que os usuarios de Twitter presentan un interese pola política considerablemente superior ao do resto dos usuarios da Internet.

PUBLICIDADE