O comercio quece motores de cara ao Black Friday

mércores, 16 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro día 25 celebrarase o chamado Black Friday, data considerada como o inicio da campaña de Nadal nos EE.UU., que converteuse en todo un fenómeno global grazas ao pulo que supuxo o comercio electrónico, de xeito que contaxiouse tamén ao comercio tradicional, vivíndose especialmente nos produtos de electrónica de consumo, converténdose nun bo momento ideal para a compra de electrodomésticos e produtos de marca, en contraste co que aconteceu o pasado día 11, cando o equivalente chinés ao venres negro tivo un impacto moi importante na venda de smartphones de fabricación chinesa.
Aínda que falta máis dunha semana, as tendas xa están a anticiparse, con algunha oferta puntual e anunciando os seus plans para a semana que vén, de xeito que xa sabemos que a tenda dixital de Xbox iniciará a súa campaña de Black Friday o vindeiro venres, Amazon.es iniciou unha conta atrás con ofertas cada 5 minutos até o vindeiro domingo e moitas outras tendas en liña xa están a lanzar pequenas promocións para ir animando as compras de cara ao último venres do mes, cando prevense numerosas ofertas, principalmente en establecementos como Carrerfour (con descontos de entre o 20 e o 30% entre os días 24 e 27 de novembro), El Corte Inglés, Media Markt e Fnac, cumprindo advertir unha vez máis que durante o mes de decembro tamén haberá moitas campañas promocionais e en calquera caso recoméndase comparar prezos, xa que non todas as ofertas son tan boas como poden parecer a primeira vista, e a compra compulsiva non está xustificada con tanta antelación de cara ao Nadal.

Amazon.es xa iniciou as súas características ofertas lóstrego anticipándose ao Black Friday

PUBLICIDADE