O coche de Google volve ás rúas galegas

luns, 19 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe do coche de Google publicada por La Voz

O ano pasado comentamos que o coche que capta imaxes para o servizo Google Street View circulou por varias cidades galegas, e estes días parece que están a repetir a experiencia, para completar o rexistro fotográfico para ilustrar as rúas galegas nos mapas de Google.
Amais, tamén hai sospeitas de que poderían permitir percorrer o Camiño de Santiago completo a través de Google Street View, para o que deberían facer uso dun triciclo especial, que podería acceder a moitos dos tramos do Camiño polos que un automóbil tería imposible o acceso.

PUBLICIDADE