O buscador Torrentz di adeus

venres, 5 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Tras o peche de KickassTorrents por mor da detención do seu responsable, e pese á aparición de moitos proxectos que pretenden coller o seu relevo, o panorama dos buscadores de ficheiros compartidos na rede BitTorrent está a verse dun xeito bastante pesimista, ao que contribúe o que está a pasar con Torrentz.com, buscador que leva operando dende 2003 e que agora, cando realizamos unha busca no sistema, atopamos como resultado unha mensaxe na que dise que “Torrentz quereravos sempre. Adeus”.
Despídese así unha das páxinas web deste estilo máis veteranas, que agora refírese a si mesma en pasado (na descrición que figura na páxina de inicio dise que “Torrentz era un meta-buscador potente, rápido e de balde”, deixando claro que o servizo xa non opera, aínda que o seu responsable non quixo realizar comentarios ao respecto polo momento, polo que descoñécese se foi unha decisión persoal ou atendeu a unha das moitas ameazas xudiciais que reciben as persoas que están detrás de plataformas tan polémicas por facilitar a vulneración dos dereitos de propiedade intelectual.

PUBLICIDADE