O aproveitamento das redes sociais centrará unha charla de Manolo Rodríguez en Espacio Coruña

martes, 7 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O xornalista e blogueiro Manolo Rodríguez continuará o vindeiro sábado co seu ciclo de #charlasdigitalsEC, xornadas formativas de balde que imparte no Espacio Working do 1º andar do centro comercial Espacio Coruña, tendo o seu relatorio como temática como sacar o máximo partido das redes sociais, desenvolvéndose esta actividade nunha charla de 45 minutos á que seguirá unha quenda de preguntas de 15 minutos.
Manolo Rodríguez é actualmente o responsable de redes sociais do xornal La Opinión A Coruña e o seu blog Desenredando la Red conseguiu situarse entre as 75 páxinas web máis populares de Galicia segundo o noso Top 100, de xeito que participar da súa experiencia a través dos seus relatorios sempre poder resultar construtivo.
Tras a charla do sábado tomará un pequeno descanso estival, para retomar a actividade divulgativa o 10 de setembro abordando o aproveitamento de LinkedIn; mentres que o 8 de outubro chantaralle o dente a Twitter; e o 12 de novembro pechará o ciclo analizando tendencias tecnolóxicas como unha fiestra ao futuro.

O relatorio botará a andar o sábado ás 11:30 horas

PUBLICIDADE