O Xiaomi Mi5 sería o smartphone máis potente do mercado segundo Antutu

luns, 11 de abril do 2016 Marcus Fernández

Aínda que os datos recollidos por aplicacións de medición de rendemento non son o sistema máis efectivo de analizar o desempeño na práctica dun terminal, si serven para que poidamos facernos unha idea da súa potencia ou, cando menos, da súa forza bruta, e ao igual que dende Antutu sorprenderon o pasado outono indicando que o Meizu PRO 5 conseguía superar a smartphones como o Galaxy Note 5 e o S6 Edge+ na súa puntuación media, agora fan balance do primeiro trimestre de 2016 e sorprenden situando en primeira posición ao Xiaomi Mi5 como smartphone líder, superando lixeiramente ao Galaxy S7 Edge e ao iPhone 6s, trío de terminais que conseguen unha ampla vantaxe con respecto do recto de terminais do mercado.
Temos así que os terminais de alta gama con Android conseguirían superar en potencia aos de Apple, pero que o smartphone chinés que encabeza o Top 10 de Antutu conseguise superar ao Samsung Galaxy S7 Edge, considerado unanimemente como o mellor smartphone no mercado, tería unha explicación: Xiaomi optou por unha pantalla Full HD en vez da 2K de Samsung, o que reduce a carga gráfica, o que permítelle un desempeño lixeiramente superior (e que tamén sería o motivo polo que no seu día o Meizu PRO 5 tamén superior ao Galaxy Note 5).
Outro detalle que matizan dende Antutu é o motivo para que o Huawei Mate 8 quedase nunha cuarta posición no seu Top 10, e salientan que, pese a que o potente procesador Kirin 950 que equipa Huawei pode superar ao Snapdragon 820 en procesos para varios núcleos, ao analizar procesos para un núcleo, a gráfica integrada e o desempeño xeral o Xiaomi Mi5 colleríalle amplamente a dianteira.

Táboa cos 10 smartphones máis potentes do mercado segundo os tests de Antutu

PUBLICIDADE