O Windows 7 E superan en 8 horas o número de reservas de Windows Vista

xoves, 16 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A réplica europea da promoción de reservas do Windows 7 está a ter un éxito sen precedentes, e dende a tenda británica de Amazon recibiron tantos pedidos do Windows 7 E en 8 horas que durante as 17 semanas que precederan ao lanzamento do Windows Vista, deixando claro que existe unha forte demanda do novo sistema operativo de Microsoft. En EE.UU. e Xapón tamén están a ser moi bo o nivel de reservas, e incluso na tenda en liña de Microsoft que ofertaba o Windows 7 para Alemaña, Francia e Reino Unido veuse colapsada pola cantidade de peticións dos consumidores que querían actualizarse a Windows 7 a un prezo vantaxoso.
Por outra banda, Microsoft explica aos usuarios cómo deben facer para actualizarse á versión europea de Windows 7, para o que recomendan facerse cunha copia dun navegador de Internet nunha memoria USB ou nun disco, o que podería provocar problemas para o usuario que non están afeitos a facer tal (todos os sistemas operativos veñen incluíndo de serie un navegador web dende hai bastantes anos) e haberá que ver se finalmente iso afecta á penetración do Internet Explorer en Europa.

PUBLICIDADE