O VLC 1.1.0 RC incorpora soporte de WebM/VP8

luns, 31 de maio do 2010 Marcus Fernández

O popular reprodutor multimedia de VideoLAN, na súa última versión candidata (VLC 1.1.0) incorpora numerosas melloras que preparan a aplicación para o futuro, pois incorpora soporte para o novo codec de vídeo promovido por Google, WebM/VP8, aínda que no que ao presente se refire tamén integra novidades moi interesantes coma o soporte para decodificación de vídeo a través de GPU (o que mellora especialmente o rendemento de vídeos en alta definición) e moitas outras pequenas melloras que axudan á evolución desta aplicación que facilita a reprodución de vídeos sen ter que preocuparse polos codecs empregados polos mesmos.

PUBLICIDADE