O Tribunal de Xustiza da UE limita a venda de tabaco e alcol a través da Internet

luns, 27 de novembro do 2006 Marcus Fernández

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea puxo freo a unha práctica habitual de moitos fumadores comunitarios que mercaban tabaco a través da Internet e estados membros (coma Reino Unido ou Irlanda) onde os impostos especiais son máis reducidos que os de residencia dos compradores, de xeito que se convertía nun xeito que adquirir tabaco a baixo custo.
Esta sentenza tamén se aplica ó alcol, polo que unha práctica frecuente no mercado físico (a compra de certos produtos ó outro lado dunha fronteira próxima) non se poderá trasladar á Rede, aínda que continúen as importacións deste tipo de produtos por canais alternativos (a compra de tabaco a países de fóra da Unión Europea xa se vén denunciando dende hai tempo).
Agora pretenden evitar que a posibilidade de realizar pequenos envíos libres de taxas se converta nunha porta traseira para a exención de impostos especiais.

PUBLICIDADE