O Times Reader 2.0 facilita a lectura da prensa dende o escritorio

luns, 11 de maio do 2009 Marcus Fernández

A aplicación de escritorio do The New York Times estreou nova versión, abandonando a tecnoloxía Silverlight de Microsoft e optando polo Adobe Air, o que mellora a súa compatibilidade multi-plataforma (funciona baixo Windows, Mac OS X e Linux). O TimesReader 2.0 supón un importante paso adiante para a o programa que permite a lectura do xornal norteamericano dende a pantalla do ordenador, e aínda que a aplicación sexa de balde, o acceso ao xornal completo custa 14,95 dólares ao mes (o que supón un importante aforro con respecto aos 40 dólares que custaría a edición impresa).
Esta aplicación presenta un deseño elegante e intuitivo, fai áxil e cómoda a lectura de contidos, que pode alzarse como alternativa solvente ás edicións en papel, como tamén busca o Kindle DX.

PUBLICIDADE